CRTVG

Buscar

A festividade do San Amaro dá comezo ao calendario romeiro

Publicado o 15/01/2019 13:43

É a primeira romaría do ano, a de San Amaro, e celébrase na parroquia viguesa de Matamá. O bo tempo está a animar a xente a achegarse ata a capela onde se atopa o santo. San Amaro é avogoso das enfermidade reumáticas.

Din que San Amaro axuda a todo aquel que lle pide, por iso os devotos collen unha extremidade, da parte que lles doe, e dan voltas arredor da capela. A tradición di que ten que ser un número impar.

Ademais dos oficios relixiosos e a procesión tras a misa solemne, os asistentes gozaron dos postos de comida e da música da charanga.

Na parroquia de Aldán, en Cangas, tamén se celebrou a romaría de San Amaro.

Noticias web

15/01/2019