CRTVG

Buscar

A festa nunha nave de Llinars segue activa 36 horas despois do seu inicio

Publicado o 02/01/2021 10:03
A festa nunha nave de Llinars segue activa 36 horas despois do seu inicio

A festa rave ilegal que empezou a celebrarse sobre as 21:00 horas do 31 de decembro nunha nave abandonada do municipio barcelonés de Llinars del Vallès continúa activa este sábado, aínda que con menos participantes que hai unhas horas. 

Os Mossos d'Esquadra explicaron este venres que tiñan previsto actuar policialmente "nas próximas horas" se os participantes non abandonaban o lugar por vontade propia, malia que a festa aínda continúa na nave. 

Fontes dos Mossos indicaron que esta mañá se celebrará unha reunión para valorar como e cando se procede ao desaloxo da nave. 
Máis de duascentas persoas de varias nacionalidades participaron desde o último día de 2020 nesta festa, que foi denunciada polos veciños da zona sobre as 21 horas do mesmo día 31 e que, segundo algunhas fontes, queren prolongar ata o día 4 de xaneiro. 

Nun primeiro momento, os Mossos sinalaron que non querían desaloxar "por criterios de oportunidade, congruencia e proporcionalidade" e para evitar con iso graves incidentes. 

As persoas que abandonaron a nave xa se foron identificadas e tramitóuselles a denuncia correspondente, entre outras razóns, por asistir a unha festa prohibida con motivo da covid-19, sen gardar as distancias de seguridade nin usar máscara.