A festa dos callos de Ansemil e Martixe, en Silleda, celebra a súa sétima edición
Publicado o 13/04/2019 13:47
Ansemil e Martixe son dúas parroquias de Silleda que hoxe funcionan como unha soa. Defenden a súa identidade particular, pero nesta xornada están unidas por algo máis: os callos. Concretamente os callos de Elena Santiso, de Ansemil. O seu prato seica foi a orixe dunha festa que naceu xa hai sete anos.