A Festa do Viño do Ribeiro congrega, un ano máis, miles de persoas en Ribadavia
Publicado o 05/05/2019 13:07
Será por festas dedicadas ao bo comer e ao bo beber en Galicia! Hoxe falamos de viño, pero non imos estar en calquera feira, visitamos a máis antiga de toda Galicia. Pasa do medio século de vida e celébrase en Ribadavia.
38 adegas participan nesta edición da Feira do Viño do Ribeiro, unha festa en que, por suposto, o protagonista é o viño, pero na que hai unha chea de actividades ao seu redor. Hoxe toca cociña para os máis pequenos.