CRTVG

Buscar

A Festa do Queixo de Arzúa celebra con grande éxito a súa 44 edición esta fin de semana

Publicado o 09/03/2019 14:22

Que rematara o Entroido non quere dicir que quedásemos sen festas en Galicia. De feito, esta fin de semana ten lugar unha das veteranas e das que tamén ten máis seguidores, sobre todo amantes do queixo. Adiviñarían xa que imos marchar ata Arzúa, que celebra a súa festa do queixo, festa de Interese Turístico de Galicia, que chega nada menos que ás 44 edicións.

Degustacións, catas comentadas ou concurso de petiscos a base de queixo... son algunhas das actividades que se levaron a cabo en Arzúa na semana previa á súa festa grande, a do queixo, que se celebra esta fin de semana. E non é de estrañar que teña tanta afluencia, porque a de Arzúa-Ulloa é a segunda denominación de orixe de todo o territorio estatal, ademais, seica é o queixo que máis comemos os galegos.
 

Noticias web

09/03/2019