A Festa do Percebe de Corme, cancelada por segundo ano consecutivo
Publicado o 21/04/2021 18:45

E damos conta doutro acontecemento que cae do calendario pola culpa da pandemia. A Festa do Percebe de Corme queda cancelada por segundo ano consecutivo. A Asociación para a Promoción do Percebe do Roncudo entende que é impensable celebrar un evento tan multitudinario no medio dunha situación sanitaria que segue a ser complicada. A festa estaba prevista para o mes de xullo.