CRTVG

Buscar

A Festa do Marisco volve reunir no Grove a milleiros de turistas

Publicado o 07/10/2018 15:16

No Grove hai postos de venda de marisco. E tamén carpas de degustación con produtos da ría. A parte gastronómica da festa complétase con mostras de cociña en vivo, como puidemos comprobar esta mañá. Pero non só hai apartado gastronómico, tamén hai unha chea de actividades máis lúdicas: esta mañá houbo un encontro de vespas e lambretas. E pola tarde hai unha regata de dornas a remo. O día péchase con música, que é outro dos alicientes desta cita no Grove. Hoxe sobe ó escenario C Tangana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2018