CRTVG

Buscar

A festa de Santos triplica as vendas de flor do resto do ano

Publicado o 30/10/2019 14:46

Por sexto ano consecutivo, a carpa do Mercado das Flores de Defuntos emerxe, durante 4 días desta volta, ao carón da praza de abastos de Vilagarcía. O recinto acolle a cuberto dez postos, sete de floristas e tres de colleiteiras que só venden por estas datas. Antes facíano, individualmente, no exterior da praza e os temporais acababan cos postos e coas flores.

"Baixo cuberta non estamos tan preocupados pola mercancía porque temos moito investido nesto, é un día no que se poden levantar os pagos de todo o ano", di Rosalía Baamonde, florista e produtora organizadora do mercado.

Rosalía, a armadanzas deste mercado, ten sete naves de invernadoiros que producen o 99 % da flor que vende. Algunha máis exótica, tráea do Ecuador pero depende todo o ano dun produto perecedeiro que vive en Santos o seu momento álxido nas vendas. Cada cliente gasta de media uns 50 euros nun arranxo, nun ramo ou nunha pranta. Os preferidos seguen a ser as rosas e os crisantelmos, todo un clásico, en cores branca ou vermella.

As floristas aseguran a calidade destas flores recollidas con moi poucos días de antelación; quizáis sexa a razón pola que veñen por elas desde Boiro, Combarro ou A Estrada. A afluencia é intensa desde as 8 da mañá que abren ata as 8 do serán. As clientas din que non é por aforrar, é máis ben por comodidade.

Levamos 4 noites sen ir á cama, a miña profesión me encanta, e un pouco duro pero me encanta.
A miña nora fai cuns caraveis uns cadeliños, ue teñen un éxito enorme xa van varios anos que non damos a basto a facelos, neste momento.

Estes cadeliños véndenos para os chamados cariñosamente defuntiños, os máis pequenos. Din que é como regalarlles un xoguete.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019