CRTVG

Buscar

A Festa da Reconquista reune a miles de vigueses no seu casco histórico

Publicado o 31/03/2019 13:36

28 de marzo de 1809, unha data marcada no calendario de todos os vigueses. Ese foi o día no que o seu pobo se alzou contra as tropas francesas e conseguiu botar dalí ao exército de Napoleón. Foi a primeira localidade europea que o fixo. Tal xesta non podía deixar de ser lembrada, e cada ano se conmemora na cidade.

Malia que a Reconquista de Vigo foi un 28 de marzo, hoxe domingo 31 é cando se conmemora por todo o alto. Os vigueses saen hoxe á rúa para lembrar os seus heroes, como Cachamuíña, a imaxe da sublevación do pobo ante o exército francés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019