A Festa da Palabra homenaxea o poeta Víctor Campio, falecido o martes
O escritor Victor Campio recibiu hoxe unha sentida homenaxe na Festa da Palabra que se celebrou na Insua dos Poetas do Carballiño.
Estaba prevista a súa asistencia pero o martes pasado faleceu en Ourense ós 90 anos.
Foi unha celebración marcada pola ausencia . A Festa da Palabra estaba dedicada este ano ao poeta Víctor Campio Pereira, que faleceu repentinamente eu Ourense o martes pasado ós nventa anos de idade.
Así falaba o presidente da Fundación Insua dos Poetas nesta festa da palabra que se celebra na parroquia de Madranás do Concello do Carballiño.
O escritor Xose Luís Mendez Ferrin que foi o mantedor nesta 10 edición, dedicoulle unha loubanza ó poeta recentemente falecido.
Na Festa da Palabra condecense os premios Insua dos poetas que recoñecen distintas iniciativas nos edios da cultura e da sociedade como é o caso do escritor Bieito Iglesias, premio de creación literaria.
O acto convoca a numerosas personalidades da vida política social e cultural de Galicia, asi como veciños da bisbarra. Este sábado estaban presentes tamaén as fillas do poeta Víctor Campio, o gran ausente da Festa da Palabra.