CRTVG

Buscar

A fervenza do Ézaro, a única de Europa que desemboca no mar

Publicado o 24/07/2019 16:06

É a única de Europa que desemboca no mar, o que a converte en lugar insólito.

Un pequeno Niágara galego cuxas augas, as do río Xallas, baixan polo granito puído do monte Pindo ata precipitarse de forma brusca directamente no océano. Alí se mestura a auga do mar coa doce da fervenza.

Mestúranse por unhas horas, segundo o antollo da presa alí construída.

Ao longo do ano o seu esplendor nocturno ilumínase nun espectáculo digno de ver.
Un tesouro onde terra e mar se unen nunha perfecta sinfonía galega.



 

Noticias web

24/07/2019