CRTVG

Buscar

A FEMP pide un fondo de 5.000 millóns e poder gastar o superávit

Publicado o 04/06/2020 20:02

O presidente da FEMP pide que os concellos sexan os que xestionen o ingreso mínimo vital por seren os que están máis en contacto coa "pobreza extrema". A petición fíxoa na comisión para a reconstrución do Congreso en que expuso as propostas das entidades locais para reactivar a economía. Abel Caballero solicitou un fondo de 5.000 millóns e insistiu en poder gastar o superávit.
"Queremos dedicar o noso superávit e o noso remanente a coadxuvar na acción social, en diminuír a fenda que poida haber entre estamentos sociais e en coadxuvar na reconstrución. Pero cada superávit e cada remamente tense que gastar no sitio onde se produciu", di Abel Caballero, presidente da FEMP.

Noticias web

04/06/2020