CRTVG

Buscar

A Feira do Viño do Ribeiro adíase ata finais de maio cun formato híbrido

Publicado o 29/04/2021 20:49

Celebrarase entre o 28 e o 30 de maio. Haberá pequenos actos con cabida reducida espallados por distintos recunchos de Ribadavia, pero tamén porán en funcionamento unha aplicación para facilitar a participación virtual.

Permitirá coñecer as actividades, inscribirse nelas e as adegas e colleiteiros poderán amosar os seus produtos e interactuar con posibles clientes.