CRTVG

Buscar

A Feira do Libro de Monforte cancela un acto de escritores antivacinas

Publicado o 24/08/2021 21:01

A Feira do Libro de Monforte cancelou un acto de sinatura de exemplares de varios negacionistas e antivacinas.

Un dos 28 coautores do libro e que xa confirmara a súa presenza é Alejandro Sousa, urólogo durante 30 anos no Hospital de Monforte, cun expediente disciplinario aberto por divulgar teses sobre a pandemia contrarias ao consenso científico.

Ía ser un dos primeiros actos da Feira que comeza mañá, pero xa foi suspendido pola Federación de Librarías de Galicia, que recoñeceu o seu erro por incluílo no certame.

Noticias web

24/08/2021