A feira de maquinaria de Cospeito, un escaparate para os apeiros do campo
O concello lucense de Cospeito convértese esta fin de semana en capital da maquinaria agrícola, tanto nova coma usada, grazas a unha feira que este ano cumpre trinta anos. O evento compleméntase cunha mostra de artesanía.
Maquinaria agrícola para calquera tarefa no campo. É o que se ofrece durante esta fin de semana en Cospeito, un concello eminentemente agrario e que se converte nun escaparate onde se poden atopar apeiros novos e de de segunda man. A feira é un referente para todos aqueles que viven do campo. Unha vintena de expositores son de profesionais e o resto de particulares.
Foron un grupo de veciños os que comezaron a organizar esta feira hai trinta anos, como medio para renovar a maquinaria agrícola. Hoxe é todo un referente que atrae a miles de visitantes. A mostra de artesanía é outro dos atractivos con que conta esta feira de Cospeito.