CRTVG

Buscar

A Feira da Pataca de Xinzo de Limia busca poñer en valor o produto e impulsar o negocio

Publicado o 03/09/2021 20:49

Na Limia unhas 3.500 hectáreas dedícanse á produción da pataca, é a segunda zona de España máis importante. No concello de Xinzo traballan agora por impulsar tamén unha industria de transformación da pataca.

As patacas fritas da Limia si conseguiron xa abrir mercado mesmo fóra do país. Dos 120 millóns de quilos que se apañan cada ano na Limia, máis de seis comercialízanse baixo o selo Pataca de Galicia.

O reto agora na Limia é producir toda a pataca dun xeito máis sustentable. A feira da pataca celébrase, conxuntamente coa da maquinaría agrícola, a tres semanas de que comece o groso dunha colleita que augura será moi boa.
 

Noticias web

03/09/2021