CRTVG

Buscar

A feira cabalar en Amio é unha das tradicións das Festas da Ascensión

Publicado o 30/05/2019 16:47

Outro dos pratos fortes das festa da Ascensión é a tradicional Feira Cabalar. Unha cita ineludble para gandeirias, tratantes e tamen para aqueles os que lle gustan os cabalos.
"É unha feira á que ven bastante xente, e é bastante boa", "Non como en anos pasados pero aínda seheu a ser boa feira", "Ben a feria está  perfecta e sobre todo para os nenso que a estos lle encanta", din tratantes e público.

Desde primeira hora da mañá compradores e vendedores protagonizaban diversos tratos con maior ou menor sorte. As vendas de carne tiveron mellor saida cas de vida.

"Vendin catro, os prezos ben", "Se se vendea mellor  pero se non se vende hai que levala de volta","Traio para vender pero nada, non hai trato, se vende algo de carne pero nada máis" din os tratantes.

Unha feira que congrega gran cantidade de público que alleo aos tratos goza vendo os diversos exemplares e asistindo tamén os concursos de andadura galega ou morfolóxicos de pura raza galega que durante toda a mañá se celebran no recinto feiral.

"Estuivemos vendo os cabalos, despois tomaremos o polobo e iremos ver os concursos", "Hai que mirar algo dos concursos e ir tomar o polbo"

Unha tradición que unifica negocio e festa en torno ao mundo do cabalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/05/2019