CRTVG

Buscar

A Feira Cabalar da Ascensión, un clásico con boa saúde

Publicado o 10/05/2018 15:34

Outro dos pratos fortes destas festas é a Feira Cabalar, todo un clásico que conta con fieis que repiten visita cada ano. No recinto feiral de Amio puidemos comprobar por que: hai gandeiros estranxeiros, as mulleres comezan a participar nos concursos tradicionalmente masculinos e tamén vimos nenas e nenos que descobren a fascinación dos cabalos de Pura raza Galega.

Imos comprobar como reaccionan os nenos ante o paso dun cabalo a trote. Pero primeiro ímonos asomar á feira dende arriba.  Cabalos de concurso a trote e primeira reacción infantil. 

Participan tamén os equinos máis pequenos para que os coñezan ben e lles perdan o medo os humanos máis pequenos. 

E máis apostas de futuro. Neste río de homes van comezando a aparecer mulleres. Pois un deses casos aínda raros é o desta moza compostelá que concursa cun semental.  

Os fieis a esta tradición din que o cabalo ben merece esta homenaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2018