CRTVG

Buscar

A Federación informa que Saúl Craviotto, Marcus Cooper, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade serán os tripulantes do K4 500 en Toquio

Publicado o 23/03/2021 16:57

• A Federación precisa que os deportistas non seleccionados continuarán a súa preparación dentro dos obxectivos do proxecto do K4 para os Xogos

A Federación informa que Saúl Craviotto, Marcus Cooper, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade serán os tripulantes do K4 500 en Toquio

A Federación Española de Piragüismo comunica que os padeeiros Saúl Craviotto, Marcus Cooper Walz, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade serán os tripulantes do K4 500 que competirá nos Xogos, nos que a embarcación española é favorita ao podio. O técnico, Miguel García, considera que esta tripulación demostrou ofrecer maiores garantías de éxito para os Xogos Olímpicos de Toquio, e apunta que na mesma figuran os mellores representantes de K1-200 metros.

No proceso selectivo, a combinación formada por Saúl Craviotto, Marcus Cooper, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade "obtivo un resultado claramente superior ás outras dúas combinacións, mantendo uns valores de número de paladas e frecuencia de palada moi similares, o que indica unha mellor eficiencia nas súas paladas derivada, moi posiblemente, dunha mellor compenetración e sincronización, elementos decisivos no rendemento dunha embarcación de equipo".

A RFEP precisa que "os deportistas non seleccionados continuarán a súa preparación dentro dos obxectivos do proxecto do K4 para os Xogos, tendo en cuenta a situación actual de pandemia así como calquera outra eventualidade que necesitase un reforzo inmediato do proxecto olímpico do K4".