A Federación Galega suspende a Copa Galicia de Balonmán
Publicado o 28/07/2020 16:33
En balonmán, a partir de mediados do mes agosto debería celebrarse a Copa Galicia en todas as súas categorías, pero, finalmente, a Federación Galega de Balonmán decidiu suspender a competición.
O protocolo do Consello Superior dos Deportes indica que non pode existir contacto entre os xogadores nas categorías que non sexan profesionais. Nos adestramentos xa se estaban a gardar as distancias, pero competir supón un risco engadido.
O resto de federacións podería adoptar a mesma medida. De momento, a Copa Galicia de balonmán suspéndese.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48