CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A Federación Española de Autoescolas trae a Vigo un simulador de accidentes

Publicado o 18/09/2017 14:22

Cal é a sensación que temos cando o noso coche envorca? O mellor é non sabelo nunca de primeira man. A Federación Española de Autoescolas puxo a disposición dos peóns un simulador, en que se pode ter esa sensación durante uns minutos, de xeito controlado.

O obxectivo é concienciar para unha condución segura, insistir no uso do cinto e na moderación da velocidade.

Cómo reaccionan a nosa cabeza e o noso corpo cando o noso coche envorca? A sensación de vulnerabilidade pódese vivir grazas a simuladores como este da confederación de autoescolas.

Dentro da semana europea da mobilidade, a Asociación 'A Golpe de Pedal' quixo concienciar á sociedade sobre a importancia dunha condución segura.

En situacións coma esta é moi importante ter ben posto o cinto de seguridade, algo que non sempre facemos ben.

Hai outros erros que xeran moitos accidentes e cumpriría evitalos.

A velocidade é tamén culpable de moitas lesións. Cunha velocidade de 30 quilómetros as lesións soen ser leves, se incrementamos a velocidade a 50, o 80% dos accidentes xa poden ser mortais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí