CRTVG

Buscar

A Federación esixe por contrato que as mulleres poidan entrar libremente na Supercopa de Arabia

Publicado o 11/11/2019 22:16

Esta tarde tivo lugar o sorteo dun novo formato de Supercopa a catro equipos que se celebra en Arabia Saudita.

A primeira semifinal disputarase o vindeiro mércores 8 de xaneiro entre o Valencia e o Real Madrid. A segunda será o xoves 9 entre Barcelona e Atlético. A final terá lugar o domingo 12 de xaneiro.

A Federación Española esixiu por contrato que as mulleres poidan acceder libremente ao estadio e que non teñan zona designada, como adoita pasar nese país. O contrato que asinou a Federación con Arabia Saudita é de 40 millóns cada ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019