CRTVG

Buscar

A Federación de Turismo Rural prevé unha alta ocupación en setembro

Publicado o 02/09/2021 15:15

O turismo rural continúa en auxe. A clientela do interior prefire a costa e a que vive próxima ao mar opta polas paisaxes de montaña. A oferta é variada, pero garante dous requirimentos moi demandados na actualidade: estar en contacto coa natureza e fuxir das aglomeracións.

Segundo Ana María Villamayor Torres, vogal da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), a xente pensa que as vacacións no turismo rural son máis seguras porque non está masificado.

Os establecementos integrados nesta organización, preto de 200, pecharon agosto cunha ocupación media do 85 %, unha porcentaxe superior á rexistrada no 2019. As previsións para o mes de setembro van na mesma liña.

Nas semanas fortes do verán acolleron, sobre todo, hóspedes procedentes doutras comunidades. Para os vindeiros días agardan, máis que nada, turismo galego.

Noticias web

02/09/2021