CRTVG

Buscar

A fatiga pasa factura na Pobra do Caramiñal, onde agardaban poder deixar atrás as máximas restricións

Publicado o 02/06/2021 16:55

Na Pobra do Caramiña, seguir sumando tempo ao peche perimetral faise cada vez máis costa arriba. Ademais da fatiga e o fastío polas restricións de mobilidade, no concello hai preocupación polo impacto sobre a economía local, que se resente da cadea de restricións que sofren desde que no pasado xuño a Barbanza fora das primeiras comarcas de Galicia en sufrir as repuntas do virus.

"Veremos que facer. A indignación é xeral e reclamamos algún tipo de iniciativa. A hostalería e o comercio demandan mesmo manifestacións ou algunha forma de protesta", di Xosé Luís Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal.

No concello solicitan que os criterios das restricións se suavicen, argumentando que xa hai moita xente vacinada e apenas presión nos hospitais. Pero desde Saúde Pública lembran que as decisións se toman seguindo o criterio do comité de expertos, que marca un mínimo de 10 días de peche para consolidar a melloría, e que ten en conta a evolución diaria e trazabilidade dos casos.

Noticias web

02/06/2021