CRTVG

Buscar

A seguinte fase da desescalada contempla un regreso parcial ás aulas

Publicado o 18/05/2020 15:10

Son días de intenso traballo nos centros educativos coma este de Santiago, aquí o persoal da limpeza non deixa recuncho por revisar para que todo estea a punto o vindeiro luns.

"O fundamental que estamos facendo agora é desinfectar todo o centro ben, e despois o que faremos, en función dos alumnos que veñan, cumprir as normas: máximo quince alumnos por aula, todos con máscara, utilizar xel, que haxa sempre separación social... as normas que utilizamos todos día a día, que se respecten, é moi importante".

O 25 de maio podería arrancar a fase dúas da desescalada en Galicia e con ela parte da actividade dos centros educativos. Daquela poderían volver ás aulas de xeito voluntario aqueles alumnos que rematen ciclo como os de cuarto da ESO ou segundo de FP e tamén os de segundo de bacharelato.

Está permitido, mediante cita previa, recoller o material escolar que quedara nos centros antes do estado de alarma. O Ministerio de Sanidade publicou unha guía de medidas de prevención fronte á COVID para a reapertura parcial dos centros educativos. Agárdanse tamén instrucións da Xunta.

Noticias web

18/05/2020