CRTVG

Buscar

A farmacéutica Zendal recupera parte dos cartos que lle roubaron cun calote dixital

Publicado o 03/12/2020 14:26
A farmacéutica Zendal recupera parte dos cartos que lle roubaron cun calote dixital

A farmacéutica Zendal recuperou unha boa parte dos preto de 10 millóns de euros que lle estafaron telematicamente. Descoñécese, polo momento, a cantidade exacta recuperada, pero a Garda Civil adianta que habera novidades nas próximas horas.

Os delincuentes suplantaron o correo electrónico do xefe da empresa e ordenaron 20 transferencias. O responsable financeiro recibiu tamén correos en que supostamente os estafadores se facían pasar por auditores dunha prestixiosa compañía.

Noticias web

03/12/2020