A farmacéutica Pfizer rebaixa á metade o número de doses que tiña previsto elaborar neste mes
Publicado o 04/12/2020 11:01

Problemas na fabricación da vacina de Pfizer. A farmacéutica rebaixa á metade o número de doses que tiña previsto elaborar neste mes.
Pasan de 100 millóns á fabricación de 50 millóns. O motivo, que explican nun comunicado, son os problemas na cadea de subministración. As materias primas para a elaboración do remedio non foron entregadas segundo os estándares de calidade.
Isto provocará unha diminución na cantidade dos primeiros lotes que terían que chegar a países de todo o mundo.
E dende os Estados Unidos unha mensaxe: os tres ex-presidentes Obama, Bush e Clinton, dispostos a vacinarse en público en canto se poida, para dar exemplo.