A familia segue buscando o taxista desaparecido hai seis anos en Ourense
Publicado o 16/07/2019 12:54
Fai seis anos da desaparición de Elías Carrera, o taxista de Ourense que a súa familia segue buscando.
Foi un 17 de xullo de 2013 cando o home se esfumou sen deixar rastro despois de xantar na casa coas súa fillas. Deixou o coche no garaxe, a documentación e o móbil. Días despois soúbose que alugou en Ourense un coche e que o entregou na estación de tren de Vigo. Levaba un tempo deprimido.
A familia ten a esperanza de atopalo con vida e seguen pedindo axuda a calquera persoa que poida achegar algunha pista.