A familia real súmase en Mallorca á homenaxe ao regatista olímpico Joan Cardona
Publicado o 07/08/2021 16:41
E no Náutico de Palma de Mallorca a Familia Real sumouse a homenaxe ao medallista olímpico Joan Cardona.
O rei Filipe, a raíña Letizia e as súas fillas puideron felicitar ao regatista menorquín antes do comezo da final da Copa do Rei. No acto tamén participaron compañeiros, adestradores e persoal do club naútico que quixeron felicitar o homenaxeado pola súa medalla de bronce.