CRTVG

Buscar

A familia real comezou esta fin de semana as súas vacacións en Mallorca

Publicado o 01/08/2021 22:56

A familia real comezou esta fin de semana as súas vacacións en Mallorca. Desta vez, e a diferenza doutros anos, os reis e as súas fillas non posaron nos xardíns do palacio de Marivent.

O único que se deixou ver pola illa balear foi don Filipe, que navegou por augas do Mediterráneo ao bordo do Aifos. Non será ata o mércores cando poidamos ver os reis xunto a princesa Leonor e a infanta Sofía. Será no santuario de LLuc, onde posarán para a tradicional foto de familia.


 

 

Noticias web

01/08/2021