CRTVG

Buscar

A familia Pujol ocultaba unha conta en Suiza con 26 millóns de euros

Publicado o 14/08/2019 12:16
A familia Pujol ocultaba unha conta en Suiza con 26 millóns de euros

O fillo maior de Jordi Pujol agochou case 26 millóns de euros en Suíza. O país helvético confirmoullo ao xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata, que investiga a Jordi Pujol Ferrusola, como presunto autor de delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais ou organización criminal. Os cartos estaban en dúas contas e foron transferidos en 2005 a un banco de Luxemburgo. O xuíz xa cursou unha comisión rogatoria a este país para seguirlle a pista aos cartos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019