CRTVG

Buscar

A familia materna, a cargo dos pequenos de Valga

Publicado o 17/09/2019 14:41

Un tío avó dos dous fillos de Sandra Boquete, de catro e sete anos de idade, é quen está a cargo dos pequenos, unha decisión que se tomou de forma coordinada co beneplácito da xuíz de Caldas que leva o caso, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Valga e o equipo de menores da Xunta de Galicia. Nun caso coma este, é a xustiza a que determinará a tutela dos cativos na busca do seu beneficio.

A defensa e o amparo dos menores, que presenciaron o crime, xunto coa garantía dos seus dereitos son os obxectivos da Fundación Amigos de Galicia, que anunciou a súa intención de presentarse na causa como acusación.

Jesús Busto, director xeral desta entidade, explicou que pretenden chamar tamén a atención da sociedade para que non queden desamparados co paso do tempo.

O equipo legal desta entidade traballa arestora para formular o seu escrito e ser admitida como parte na causa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019