CRTVG

Buscar

A familia Franco pide investigar á Avogada Xeral do Estado polo inventario do Pazo de Meirás

Publicado o 23/07/2021 17:05
A familia Franco pide investigar á Avogada Xeral do Estado polo inventario do Pazo de Meirás

A familia Franco pide investigar á Avogada Xeral do Estado polo inventario do Pazo de Meirás. Acusan a Consuelo Castro de prevaricar no informe de bens do inmoble. Os herdeiros do ditador consideran que o documento, que lle outorga a maioría dos bens ao Estado, se fixo sen garantías xudiciais nin imparcialidade. A causa aberta nun xulgado de Madrid xa investiga a responsable de Patrimonio Nacional, á que os Franco consideran tamén culpable de falsidade en documento público e revelación de segredos, entre outros delitos.

Noticias web

23/07/2021