CRTVG

Buscar

A familia Franco esixe a destrución do inventario de bens do pazo de Meirás

Publicado o 23/11/2020 08:19

A familia Franco esixe a destrución do inventario de bens do pazo de Meirás por, din, vulnerar o seu dereito á intimidade.

Os seus avogados presentaron un recurso contra esta medida cautelar, que tachan de improcedente por non dar audiencia aos demandados. Os Franco interpretan que a sentenza de primeira instancia que lles ordena devolver o pazo se limita ao edificio e ás leiras intramuros, en contra do que mantén a Avogacía do Estado.

Noticias web

23/11/2020