CRTVG

Buscar

A familia e os veciños de Pablo Costas alédanse da súa liberación

Publicado o 30/08/2021 13:33

A liberación do mariñeiro é a noticia que celebran todos os seus veciños. En Bueu, case todos están vencellados á pesca dun ou doutro xeito e sentiron como propio o drama do patrón e da súa familia.

A familia de Pablo Costas recupera a esperanza logo de once meses de angustia en que temeron pola súa vida. A pesar de que as dificultades para comunicárense son aínda grandes, saber polo seu testemuño directo que está ben é un alivio para os seus achegados.

O patrón e os seus compañeiros permanecen aloxados en hoteis da cidade de Al Mukallah mentres se determina a data e a ruta da súa viaxe de regreso.

Noticias web

30/08/2021