CRTVG

Buscar

A familia e amigos agardan en Bueu o reencontro con Pablo Costas

Publicado o 03/09/2021 15:31

A familia de Pablo Costas respira aliviada sabendo que en poucas horas poderá recibilo de regreso na casa. A súa volta a Bueu pon fin a unha ausencia de case dous anos, pois o patrón do Cobija foi retido nun porto do Iemen despois dunha marea dun ano.

A odisea de Pablo comezou tras chegar ao Iemen onde o condenaron por pesca ilegal a un arresto de tres meses que se converteron en 11 retido co resto da tripulación no barco en condicións lamentables. A familia asegura que se sentiu abandonada polas institucións. A espera rematou por fin e só lles queda abrazar a Pablo.

Noticias web

03/09/2021