CRTVG

Buscar

A familia dun traballador morto por asbestose reclama 400.000 euros a Metro de Madrid

Publicado o 01/04/2019 15:55

A demanda fora presentada polo propio traballador do metro de Madrid en xuño pasado, pouco antes de morrer a causa da asbestose, unha afección pulmonar asociada ao contacto co amianto. A súa familia continuou coa tramitación do proceso que agora chega a xuízo na Sala do Social número 10 da Audiencia madrileña.

Traballadores do metro de Madrid concentráronse nos exteriores da sede xudicial en apoio da viúva e a filla do seu compañeiro, que foi o primeiro ao que a compañía recoñeceu a enfermidade profesional causada pola exposición ao asbesto.

Juan Carlos de la Cruz, CCOO: "Cremos que non queren recoñecer, ao final, a súa neglixencia que vimos sufrindo todos os traballadores e traballadoras de Metro durante moitos anos expostos na manipulación a na exposición ao amianto, e agardamos que ao final se faga xustiza con respecto a esta situación tan grave que estamos sufrindo os traballadores de Metro".

A familia do traballador falecido reclámalle a Metro de Madrid 400.000 euros de indemnización.

Noticias web

01/04/2019