CRTVG

Buscar

A familia do mozo acoitelado en Salceda de Caselas sae á rúa para pedir xustiza

Publicado o 21/06/2019 13:47
A familia do mozo acoitelado en Salceda de Caselas sae á rúa para pedir xustiza

A familia de Soufian, o mozo acoitelado en Saldeda de Caselas, sairá esta tarde á rúa para pedir xustiza.
A manifestación terá lugar ás 6 e media na praza do Concello, onde fora asasinado. A familia convoca esta concentración tras o xiro radical que deu a investigación, ao excarcerar a xuíza o único sospeitoso, por detectarse un erro na identificación. Familiares e amigos fan un chamado aos veciños para que participen neste acto, co que pedirán que o crime non quede impune e que se atope o culpable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019