CRTVG

Buscar

A familia do desaparecido no Saviñao agarda a chegada dun xeorradar

Publicado o 27/02/2019 19:24

Continúa a busca do veciño de Melide desaparecido no Saviñao. Xa van seis días dende que desapareceu.

Emilio Pintor leva seis días desaparecido. Durante as últimas xornadas, as forzas de seguridade trataron de atopalo no encoro dos Peares, onde o seu móbil deu sinal por última vez. Buscárono pola ribeira, dende o aire e tamén baixo a auga, pero polo momento non se localizou rastro ningún.

Agora, os familiares de Emilio están á espera de que chegue un xeorradar que axude a dar co seu paradoiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019