CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

A familia do desaparecido en Cotobade pide o apoio veciñal por se alguén o ve

Publicado o 01/09/2017 20:38





A familia de Paulino Cores fai un chamamento de axuda para atopalo. O home, de 55 anos e veciño de Cotobade, leva desaparecido desde o domingo pola mañá hai cinco días. Non levou nin cartos nin documentación.

Paulino Cores, 55 anos, 1,80, 68 quilos e unha perilla que o fai recoñecible alí onde non o coñezan. Porque Paulino, Lino para os amigos, é un home popular na zona de Cotobade porque traballou en varias canteiras. Coñece os montes porque unha das súas afeccións son os cabalos. A familia pide axuda por se alguén o ve andando. "Coñecíao moita xente. Unicamente alguén que lle parara e o levara... Está avisada a familia e todo o mundo viu a foto...", di Daniel Cores, seu irmán.

A familia di que atravesa unha mala época persoal pero que non está a tratamento. Agradece o apoio veciñal que tiveron estes días e tamén o dos servizos de urxencias. Buscárono a pé, con cabalos, con quads, cun helicóptero, con cans... Non hai rastro de Lino. "Se lle acorda que se poña en contacto. Estamos co corazón nun puño. Non sabemos se caeu, se levou un golpe... Da forma que se buscou.... Estivemos chamando por el e pasamos por moitos lugares e non hai rastro del", conta Daniel. Hoxe fai cinco días da súa desaparición. Non leva nin cartos nin documentación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí