CRTVG

Buscar

A familia de Socorro Pérez pide que se intensifique a investigación do seu caso

Publicado o 02/01/2018 22:20

A familia de Socorro Pérez pide que se intensifique a investigación para dar co autor do seu crime e suposta agresión sexual.

Socorro Pérez tiña 43 anos. O 2 de maio de 2015, sábado, saíu correr pola tarde e nada se soubo ata que pasado un mes uns amigos do pai atoparon o seu cadáver.

O caso está baixo segredo de sumario e dous anos e oito meses despois a familia pouco máis sabe das investigacións.

Fóra de Ourense este crime practicamente nin se lembra pero aquí, sobre todo as mulleres, téñeno moi presente.

Dende a Subdelegación do Goberno en Ourense aseguran que seguen traballando intensamente para saber quen matou a Socorro Pérez.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2018