A familia de Sala fai un chamamento para que sigan coa busca
Publicado o 25/01/2019 17:04
Van escoitar o testemuño dunha desesperación, a desesperación da familia do futbolista arxentino Emiliano Sala. As autoridades decidiron que non ían buscar máis nin a Sala nin o piloto do avión que o trasladaba o luns desde Nantes ata Cardiff. Lembren, o avión desapareceu cando voaba sobre o canal da Manga. En Cardiff está a familia de Emiliano. A súa irmá facía nas últimas horas unha chamamento para que sigan coa busca.