CRTVG

Buscar

A familia de Marcio Pérez non entende que os policías brasileiros acusados da súa morte saian do cárcere

Publicado o 31/05/2019 17:12

A familia de Marcio Pérez, o emigrante de Ponte Caldelas ao que supostamente mataron dous policías militares no Brasil, está sorprendida coa decisión da xuíza de deixalos en liberdade tras pasar cinco meses na cadea.

O motivo, segundo a maxistrada, é a finalización do período de instrución e que non hai risco de fuga ata que sexan xulgados. A familia considera que esta decisión é un absurdo e recorrerana por considerar que se poden manipular probas e mesmo interferir nas testemuñas.

O crime producíase en setembro do ano pasado. Marcio Pérez, veciño de Pontecaldelas que vivía no Brasil, recibía tres disparos cando ía no seu coche acompañado dunha muller. Dous meses despois, os dous policías supostamente acusados por estes feitos ingresaban en prisión. Nese tempo a xuíza recabou probas e tomou declaración a varias testemuñas. Tras cinco meses de cadea decidiu a súa posta en liberdade á espera do xuízo.

O xuízo por este crime celebrarase a mediados do ano que vén.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019