CRTVG

Buscar

A familia de Marcio Pérez, asasinado no Brasil, pide xustiza

Publicado o 16/09/2020 13:17

A poucos días do segundo aniversario da morte de Marcio Pérez, a súa familia segue moi de preto a evolución do caso no Brasil. Comprenden que o xuízo, previsto para este ano, quedara suspendido por mor da pandemia, pero están vixiantes e piden celeridade para que o homicidio non quede impune.

A familia quere saber as circunstancias exactas da súa morte e reclama unha compensación económica para a viúva e as fillas de Marcio, que tras a súa morte violenta viven nunha situación complicada. Os dous policías militares que, supostamente, mataron a Marcio Pérez a balazos no seu coche alegaran que o confundiran cun ladrón, pero o fiscal sempre mantivo a acusación de homicidio contra eles. Están no cárcere dende decembro do ano pasado. O homicidio do galego causara unha gran conmoción na parroquia de Anceu, en Ponte Caldelas, de onde era natural. 

Noticias web

16/09/2020