CRTVG

Buscar

A familia de Elías Carrera non perde a esperanza de atopalo 8 anos despois de desaparecer

Publicado o 20/07/2021 15:18

A familia de Elías Carrera, o taxista ourensán desaparecido, non se rende malia os milleiros de chamadas sen éxito e algunha que outra extorsión. Queren atopalo e non perden a esperanza oito anos despois. Din que non lle farán preguntas, só queren saber que está ben.

Xa se cumpriron oito anos dende que Elías Carrera desapareceu e a desesperación medra co paso do tempo. Moitas chamadas, pero ningunha que levase a bo porto. Mesmo tentaron extorsionar a familia pedindo cartos a cambio de información.

Elías Carrera traballaba como taxista. O día que desapareceu alugou un coche na estación de tren de Ourense e devolveuno en Vigo. A partir de aí nada se sabe. Por iso a súa familia non entende que puido ocorrer. Oito anos despois non perden a esperanza de atopalo.

A investigación continúa aberta, polo que se alguén o ve que non dubide en chamar a estes teléfonos ou poñerse en contacto coa policía.


 

Noticias web

20/07/2021