CRTVG

Buscar

A familia de Diego Bello busca financiamento para exercer a acusación polo seu asasinato

Publicado o 13/10/2021 13:59

A familia de Diego Bello busca financiamento para presentarse na causa que procesará tres policías filipinos. Tratan de atopar un bufete especializado en dereitos humanos que os represente no xuízo polo asasinato do mozo coruñés.

Diego Bello faleceu na illa filipina de Siargao en xaneiro de 2020 polos disparos de tres policías nunha suposta redada antidroga. A familia sempre negou que tivese relación co narcotráfico. Queren que o proceso se desenvolva con todas as garantías e, sobre todo, que se faga xustiza.

Francisco Lafuente, tío de Diego Bello, fala das iniciativas que activaron para recadar financiamento: "Unha delas é que vendemos a través de Instagram camisetas da súa marca, Mamon. Tamén temos un correo en que pode comunicarse quen queira axudar. Estamos tamén con lotería de Nadal e hai a posibilidade de que se poida gravar un disco de homenaxe a Diego, e imos seguir facendo cousas. O enderezo electrónico é justicefordiego@gmail.com".

 

Noticias web

13/10/2021