CRTVG

Buscar

A familia de Diana Quer teme que non se aclare o que lle pasou á moza

Publicado o 21/04/2017 14:03

Profundamente decepcionados coa xustiza dixeron que estaban os pais de Diana Quer esta semana, despois de que o xuíz de Ribeira arquivara o caso e levantara o segredo de sumario

Profundamente decepcionados coa xustiza dixeron que estaban os pais de Diana Quer esta semana, despois de que o xuíz de Ribeira arquivara o caso e levantara o segredo de sumario. Os pais e o avogado da nai de Diana pensan que estas medidas poden prexudicar a investigación.

O Delegado do Goberno explicou que as investigacións policiais van continuar, pero a familia tamén estuda dar novos pasos legais.

A familia de Diana Quer teme que ao final non se aclare o que lle pasou á moza na noite do 22 de agosto de 2016, e que se converta nunha das tantas persoas desaparecidas ás que se lle perde o rastro e non se volve saber delas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017