CRTVG

Buscar

Rosa Fernández: "A exhumación é unha pequena gran vitoria para nós"

Publicado o 06/05/2021 11:37

A famila de Déborah Fernández afronta con resignación o proceso de exhumación da moza viguesa. Din que non é algo fácil, pero que van empregar calquera medio que poida aclarar algo sobre a súa morte hai 19 anos.

Rosa Fernández, irmá da falecida, destacou nunha entrevista realizada no Bos días, da Televisión de Galicia, que despois de tantas negativas accederan a practicar esta proba para eles é "unha pequena gran vitoria".

A famila destaca que a autopsia inicial non se realizou correctamente e espera que coa exhumación se poida esclarecer o que puido acontecer. Rosa afirmou que van revisar restos biolóxicos e collerán mostras das unllas, algo que non se fixera. 

A irmá de Déborah Fernández subliña que houbo erros e contradicións ao longo da investigación. Rosa confirmou que van estar presentes no momento da exhumación porque "teñen a obriga de estar". 

Outra das incógnitas que se vai resolver é a análise do disco duro do ordenador de Déborah. Polo de agora, destacou a súa irmá, xa aprobaron a empresa que a vai realizar e están agardando a que o recollan.