CRTVG

Buscar

A familia de Deborah Fernández agarda que as próximas declaracións sirvan para aclarar o crime

Publicado o 03/12/2019 14:27

A familia de Déborah Fernández está esperanzada en que a reapertura do caso sirva para aclarar o crime da moza viguesa sucedido hai 17 anos, en 2002. Os irmáns de Déborah levaban meses cunha campaña nas redes para solicitar que se continuara investigando, ante o temor de que se pechase definitivamente por prescrición.

O Xulgado de Instrución número 2 de Tui chama a declarar sete testemuñas do círculo da vítima, boa parte delas o vindeiro luns. A familia sempre denunciou que se cometeron moitos erros nas distintas investigacións abertas neste caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019