CRTVG

Buscar

A familia de Déborah Fernández ten esperanzas na apertura xudicial da causa

Publicado o 05/08/2019 14:48

Novos avances na reactivación do caso Déborah Fernández. As dúas irmás da moza viguesa prestaron declaración como testemuñas na comisaría de Vigo dezasete anos despois da súa morte. A familia agarda que esta nova investigación policial permita a reapertura xudicial da causa.

María e Rosa Fernández-Cervera compareceron durante varias horas na comisaría de Vigo. Levaban dezasete anos agardando ese momento. Ata agora nunca declararan como testemuñas da desaparición e morte no 2002 da súa irmá Déborah. Dentro desta nova investigación policial, aberta en marzo, tamén compareceron outras persoas da contorna da vítima. Porén, a familia denuncia a lentitude das pescudas, dirixidas pola Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta de Madrid.

A familia sabe que o tempo corre na súa contra, pero non perde a esperanza. Malia os atrancos, agarda que a nova investigación permita a reapertura xudicial da causa antes de que prescriba, no ano 2022.

Noticias web

05/08/2019